5 Hectáreas de produción propia ao aire libre,
un invernadoiro e  4 Hectáreas de árbores frutais

O microclima especial que temos nos nosos vales e as propiedades das nosas terras fan que consigamos produtos únicos e dunha calidade direnciada, por iso que a miña tenda nútrese principalmente dos produtos, que eu, Pepiño produzco nas miñas terras, así como doutros agricultores da zona, sempre apostando polo produto local, de Km0, de calidade diferenciada. 

Dispoñemos dunha carteira de produtos moi variada, partindo de todo tipo de produto hortícola, verduras, hortalizas, legumes, froitas, etc. Sempre de Tempada, coa intención de que o cliente teña unha ampla gama de produtos que elixir. Así temos:

Repolo corazón de boi, repolo rizo, porros, cebolas, xudias, pepinos, cabaciños, cabazas, fresas, framboesa, berenxena, todo tipo de pementos, xudias, chicharos, tomates en diferentes variedades, leituga, Faba de Lourenzá, faba fresca, faba verdiña, faba do caldo, faba mandilín ou pinta, frixoles negritos, mazas (golden, gala, fuji, granny Smith, jonagored, akane, tabardilla, reineta, etc.), peras, ameixas, nabizas, grelos, coliflores, brócoli, acelgas, berzas, patacas (kennebec, baraka, agria, jaerla, Spunta, etc.), zanorias cebolletas, etc.

Ofrecemos unha ampla gama de produtos que seleccionamos dos nosos proveedores para que dispoñas de mellor variedade:

Melóns, sandías, plátanos de Canarias, laranxas tanto para zumo como de mesa, mandarinas, limóns, uvas, kiwi, kiwi amarelo, e todo tipo de froita de oso, paraguaios, platerinas, nectarinas, melocotóns, noces, cacahuetes, amendoas, abelás, gominolas de froitas, marmeladas elaboradas de xeito natural a base de froitas, froita deshidratada, zumes totalmente naturais de mazá, fariña de trigo galego, allos, arándanos, cereixas, setas, cogomelos, ameixas claudia reina, espárragos, espinacas, figos, brevas.

Creemos en Galicia e na nosa identidade, por iso apostamos por produtos con selo de garantía, amparados por unha IXP ou DOP:

IXP Faba de Lourenzá Mariña Selecta, IXP Mel de Galicia Conde Santo de dous sabores, IXP Grelos de Galicia, IXP Pataca de Galicia, IXP Castaña de Galicia entre outras.

Como ter os nosos produtos na túa casa

home_vegetables_company15
1

Visítanos

Ven a vernos ao noso posto do Mercado de Ribadeo
home_vegetables_company13
2

Chámanos

Podes contactar conosco por teléfono e facer o teu pedido
home_vegetables_company14
2

Escríbenos

Escríbenos co teu pedido e nos cho preparamos
home_vegetables_company16
4

Levámoscho

Facemos entregas a domicilio, consulta a disponibilidade

Preguntas frecuentes

Cómo comprar en Vaia Horta?

Envío a domicilio

Gastos de envío

Plazos de entrega

Devolucións

Gústache vivir experiencias?