QUEN HAI DETRÁS

Un soño feito realidade


Detrás de Vaia Horta atópase José Cuadrado, máis coñecido como Pepe ou Pepiño. Tras marchar á cidade a cursar os seus estudos universitarios, decidiu voltar ao lugar que o viu nacer, á Mariña Lucense, para adicarse á profesión que sempre lle gustou, a de agricultor, co obxetivo de por en valor todo o que o rodea neste entorno, xa que se considera un privilexiado por poder vivir neste paraíso natural. 

Sendo consciente de que o traballo no eido da agricultura é moi duro, pouco agradecido e incluso arriscado, seguiu apostando por esta profesión debido a que a sociedade precisa do sector primario a diario para poder sobrevivir, ademais de ser un motor económico alén das fronteira galegas.

Por estes motivos e moitos máis, Pepiño decidiu formar un equipo integrado por persoas coma el, coas que comparte os mesmos valores e métodos de traballo, para facer realidade o que sempre foi o seu soño.

COMO TRABALLAMOS

Produtos da terra á mesa


O propósito de Vaia Horta é ofrecer aos seus clientes alimentos de calidade e co mellor sabor, a través dun servizo personalizado e de proximidade. Dende a empresa, intentan identificar o que cada persoa precisa e o que máis lle gusta para satisfacer e conquistar os paladares cos mellores produtos hortícolas e froitas.

A súa filosofía de traballo reside na chegada directa dos produtos, da terra á mesa, conservando a maior e mellor frescura posible respetando os ciclos productivos, a través dun trato próximo e sen intermediarios durante o proceso de envío e entrega. Así, pretenden trasladar a idea dunha horta propia na tenda de Pepiño. Porque a súa horta é a horta dos seus clientes. Vai á Horta!

Porque como manifesta o seu propietario, non hai maior satisfacción que ver que as plantacións que sementaron, coidaron, mimaron e viron medrar, foron recolectadas para que cheguen ás casas dos clientes para ser gozadas e apreciadas.


o noso modo de traballar


HORTA


Produción propia e produtores de cercanía con orixe certificado


AGRICULTORES


Agricultores locais que contribúen a asentar o modo de vida rural


MERCADO


Produtos km0, sen intermediarios, na comarca de Lourenzá

AGRICULTORES LOCAIS

Produto de proximidade como garante do rural


É moi importante valorar o que nos rodea, especialmente aquilo que nos da o campo. Existen moitos agricultores locais traballando duro, adicandodo a gran maioría do seu tempo ao coidado de cultivos para lograr a mellor calidade nas súas producións. 

Neste contexto, por qué se vai a importar do estranxeiro cando o temos preto da casa?

A compra de proximidade garante a continuidade do rural, xera postos de traballo, garantiza unha boa calidade na alimentación e permite pechar o círculo de produción-comercialización.

Tanto a produción cultivada en Vaia Horta, como toda aquela que é adquirida a outros agricultores da zona, é seleccionada e escollida persoalmente, sempre pensando nos gustos e necesidades dos clientes, para poder ofrecer sempre a mellor opción.

Así, conséguese que todos os produtos teñan unha garantía de orixe, trazabilidade e autenticidade. 

COMARCA DE LOURENZÁ

¿Por qué un posto na Praza de Abastos?


Coa fin de demostrar a calidade dos produtos locais que é capaz de producir a terriña, no 2023 o propietario de Vaia Horta fíxose co traspaso dun local ubicado na Praza de Abastos de Ribadeo, unha tenda que rexentou durante toda unha vida Mucha. A raíz deste suceso, nace Agroalimentaria Laurentina, da que Pepe é o único socio. 

A partir deste paso no eido profesional, Pepe acadou varios obxectivos. Por un lado, crear a súa propia empresa, como levaba soñando dende pequeno. Por outra banda, conseguiu honrar ao seu pobo natal Lourenzá, do que sempre se sentiu orgulloso, motivo polo que depositou tantos esforzos en que o seu negocio tamén fose laurentino, e poder levar así o nome de Lourenzá polo mundo adiante.

Por este amor á terra, cada produto que pasa polas mans de Pepe está repleto de cariño, tratado como se fose para el mesmo, e traballando para manter as súas propiedades e sabor intactos.

parallax background
A IDENTIDADE DUNHA TERRA

Creemos en Galicia e na nosa identidade, por iso apostamos por produtos con selo de garantía, amparados por unha IXP ou DOP.

Faba de Lourenzá Mariña Selecta, IXP Mel de Galicia Conde Santo de dous sabores, IXP Grelos de Galicia, IXP Pataca de Galicia, IXP Castaña de Galicia entre outras.